O VILALBA F.S. PERDE O LIDERATO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu o liderato ao caer 6-5 co Pazos de Borbén F.S. no partido correspondente á xornada 18 de liga da Terceira División Nacional celebrado no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén na tarde do sábado.

Inxusta derrota condicionada pola mala actuación dos colexiados que cargaron ao equipo vilalbés con moitas tarxetas e con decisións que o perxudicaron e que incidiron no resultado final

O vindeiro sábado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao quinto clasificado O Parrulo F.S. “B”.