O VILALBA F.S. RECIBE AO C.P. CASÁS

O sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao C.P. Casás na antepenúltima xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois do mal sabor de boca que deixou a derrota do último partido na pista do líder, o Sala Ourense por 3-2, xa que o equipo vilalbés fixo méritos para puntuar, os rapaces adestrados por Alfonso e Luís tratarán de sumar os tres puntos para asegurar a quinta praza e presionar ao Sport Sala Culleredo na loita pola cuarta posición. En fronte terán un equipo, que soamente lle vale a victoria se quere estar o vindeiro ano na Terceira División Nacional.