O VILALBA F.S. RECIBE AO CAMPITO F.S.

O sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Campito F.S. na xornada 26 de liga da Terceira División Nacional.

Despois do parón do pasado fin de semana, o equipo vilalbés tratará de conseguir unha nova victoria ante os seus siareiros para loitar polo cuarto posto. En fronte terán un rival, recién ascendido, que está a realizar unha boa campaña polo que os vilalbeses non deberán confiarse.