O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou a catro goles ante A Estrada Futsal, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal “Coto Ferreiro” de A Estrada correspondente á última xornada de liga da Terceira División Nacional.
Primeiro empate da temporada do Vilalba F.S. na pista do subcampión. O equipo vilalbés realizou un gran encontro tendo en conta que acudiu con numerosas baixas e que ademáis o xuvenil Antón tivo que abandoar a pista mediada a primeira parte despois dunha durísima entrada.
Adiantouse o equipo vilalbés con dous goles por mediación de Freire e Asier pero o equipo local empatou antes do descanso. Ao comezo da segunda parte A Estrada Futsal completou a remontada pero nun minuto, Freire de dobre penalti e Jose López puxeron de novo ao equipo vilalbés por diante. A ledicia durou pouco xa que ao seguinte minuto o equipo local acadou a igualada. Nos últimos segundos do partido Nuno puido lograr a victoria para o Vilalba F.S.
Gran temporada do equipo vilalbés que rematou na cuarta posición.
A ESTRADA FUTSAL
Borja, Ricardo, Martín, Pablo, Eduardo – cinco inicial – Sergio, Brea, Manuel, Jose Antonio e Pablo Tojo.
VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Freire, Nuno, Antón – cinco inicial – Areñas, Asier, Martín, Paulo.
GOLES:
0-1 Freire. (Min. 13)
1-1 Asier. (Min. 13)
1-2 Sergio. (Min. 14)
2-2 Eduardo. (Min. 17)
3-2 Pablo. (Min. 20)
3-3 Freire. (Min. 33)
4-3 Jose López. (Min 33)
4-4 Antonio. (Min 34.)