O VILALBA F.S. REMONTA NOS ÚLTIMOS MINUTOS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. remontou un partido que se lle puxo moi costa arriba e venceu por 3-4 ao Praias de Barreiros C.D. no partido correspondente á xornada 14 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Barreiros na tarde do sábado.

Primeira parte para olvidar dos pupilos de Quini que encaixaron un 3-0 e soamente nos dous últimos minutos cun rival cargado de faltas foi quen de meterse no partido gracias a dous dobres penaltis que se encargou de transformar Aitor.

Mellorou o equipo vilalbés na segunda parte e non foi ata os derradeiros minutos cando Xisco e Ismael anotaron dous goles completando a remontada.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. terá un parón de dúas semanas e o seguinte partido será a finais de mes de marzo no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante o Pontedeume F.S.

Ficha Técnica:

PRAIAS DE BARREIROS C.D.
David, Carlos (1), Miguel, Mario, Diego – cinco inicial – César, Sergio, Adelson, Borja, Gabriel (1) e Nicolau (1).

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Isma (1), Gago, Xisco (1), Aitor (2) – cinco inicial – Tini, Chafa, Diego, Adrián, Fede, Mario, Fariñas, Nuno e Coe.