O VILALBA F.S. TERÁ EQUIPO FEMENINO

Por primeira vez na historia do VILALBA F.S. haberá un equipo femenino.

O clube xa viña barallando en anos anteriores a posibilidade de contar cun equipo femenino, e co interese mostrado polas xogadoras vilalbesas, Antía e Sabela, que militaron estas temporadas en varios equipos de Galicia, foi definitivo para crear a sección femenina do VILALBA F.S.

O equipo femenino, que está á espera de recibir o calendario nos vindeiros días, sairá a competir na categoría de 1ª Galicia Femenina de ámbito provincial coa idea de realizar unha boa temporada e ilusionar á xente co obxetivo a medio prazo de ser un referente no fútbol sala femenino da comarca chairega.