O VILALBA F.S. TRIUNFA NA FASE FINAL DA II COPA DEPUTACIÓN

Os equipos masculino e feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. triunfaron na fase final da II Copa Deputación de Lugo que se celebrou o pasado día 1 de novembro en Sarria.

Abriu a competición o equipo masculino ante a S.D. Xove F.S. na primeira semifinal disputada no Pavillón dos Deportes de Sarria. Foi un partido moi igualado e no que o equipo vilalbés adiantouse no marcador e soubo administrar a vantaxe conseguida nos primeiros minutos da segunda parte para acabar dando a sorpresa e vencer por 2-3 ao vixente campión da competición. A outra semifinal entre o C.D. Lugo e o Concello de Begonte F.S. tivo que decidirse nos penaltis e foi o equipo begontino o que accedeu á final.

Foi unha final chairega na que o equipo dirixido por Kini non se deixou sorprender e manexou o partido con criterio. No descanso xa gañaba por 0-3 e na segunda metade subiría un gol máis para cada equipo ao marcador para rematar cun 1-4 a favor do equipo vilalbés acadando merecidamente o primeiro título desta competición.

Pola súa parte o equipo feminino accedeu á final despois de derrotar ao Lieders Futsal por un axustado 1-0 na semifinal celebrada no Pavillón José M. González “O Chanto”. Un solitario gol de Patri Pisón ao comezo da segunda parte valeu o pase á final. Na outra semifinal o favorito F.S.F. Castro goleou ao Pizzería Bahía – Monterroso F.S.F. por un contundente 8-0.

Na final volveron a encontrarse os dous equipos chairegos, como sucedera na primeira edición. O equipo dirixido por Jose e Miguel adiantouse no primeiro minuto cun gol de Paulita pero antes do descanso o Castro F.S.F. empatou o partido. A segunda metade foi igualada e a falta de dous minutos, Antía adiantaba de novo ao equipo vilalbés. Cando parecía que o título voltaría de novo a Vilalba, o colexiado, a falta de 58 segundos, convertía unha dudosa falta fora da área nun penalti que soamente él viu, sendo ademáis a quinta falta do Vilalba F.S. O Castro non errou e empatou para acceder á prórroga. Ahí as vilalbesas condicionadas polas faltas recibiron o terceiro gol, a falta de dous minutos para a finalización da prórroga, nunha contra do Castro F.S.F. que se levou inxustamente o título na segunda edición e que por merecementos tiña que voltar para Vilalba.

Salientar positivamente o apoio incansable da numerosa afición vilalbesa desplazada a Sarria e negativamente a casi nula repercusión do torneo nos medios de comunicación locais e provinciais.