O VILALBA F.S. VENCEU AO BUEU

O VILALBA F.S. VENCEU AO BUEU

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao ADFS Bueu por 5-3 na xornada 17 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Despois da inesperada derrota da semana pasada o Vilalba F.S. realizou un bo partido e venceu a un rival incómodo.

Pronto se adiantou o equipo vilalbés cun forte disparo de Jose López. O partido estivo bastante igualado e nunha contra ben levada, Antón fixo o segundo gol. O Bueu aproveitou a sexta falta dos locais para meterse no partido antes do descanso.

Na segunda parte, o Vilalba F.S. nun minuto logrou dous goles por mediación de Asier, o primeiro en superioridade numérica ao quedarse o equipo visitante cun xogador menos por dobre tarxeta amarela, e o segundo nunha contra rápida. A partir dese momento o equipo do Bueu xogou co porteiro xogador o resto do partido e conseguiu marcar dous goles aínda que no medio Fran Pastor fixo o quinto para o Vilalba F.S.

A boa defensa e a gran actuación de Iago Amarelo foron determinantes para volver á senda da victoria.