O VILALBA F.S. VENCEU AO BUEU

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao ADFS Bueu por 6-3 na xornada 14 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Despois de dúas xornadas sen gañar o Vilalba F.S. realizou un bo partido e venceu a un rival incómodo.

Pronto se adiantou o equipo vilalbés con dous goles por mediación de Jose López e Ayalita. O equipo vilalbés relaxouse e antes do descanso o Bueu aproveitou varios erros defensivos par a acadar o empate

Na segunda parte, o Vilalba F.S. mellorou notablemente e de novo Jose López e Antón puxeron por diante aos vilalbeses. O equipo visitante non se rendiu e recurtou diferencias no marcador pero acto seguido, Aitor marcou un gol de falta botada maxistralmente. A partir dese momento o equipo do Bueu xogou co porteiro xogador o resto do partido e Paulo aproveitou unha contra para regatear ao porteiro e establecer o definitivo 6-3.

O equipo adestrado por Kini voltou á senda do triunfo e continúa encabezando a clasificación. A vindeira xornada rematará a primeira volta visitando a pista do Baíña F.S. – Baitra.