O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu ao Red Blue Vigo 2015 por 5-1 na terceira xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do domingo.
Os rapaces do Vilalba F.S. saíron á pista coa intención de olvidar a derrota da xornada anterior en Bueu e nun primeiro tempo espectacular, cunha gran intensidade e presión sobre un rival que chegaba líder, foron ao descanso cun 4-0 con goles de Asier, Jose López e dous de Diego Fente, o primeiro de penalti e o segundo sobre a bocina.
Na segunda parte o equipo vilalbés baixou un pouco o ritmo pero aínda así conseguiu marcar o quinto por mediación de Jose López cando o equipo vigués xogaba en inferioridade pola expulsión dun xogador. O Red Blue Vigo 2015 marcou o gol da honra ao transformar un penalti.
O sexto gol para o equipo do Vilalba F.S. puido chegar nunha falta lanzada maxistralmente por Diego Fente na que o balón colouse pola escadra pero incomprensiblemente os colexiados pitaron falta sobre o porteiro.
Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. suma seis puntos, iguala ao Red Blue Vigo 2015 e colócase a tres puntos do líder, O Parrulo “B”.
Foto: Antía Díaz