O VILALBA F.S VENCEU AO SPORT SALA CULLEREDO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu ao Sport Sala Culleredo por 6-3 na quintaa xornada de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do sábado.

Os rapaces do Vilalba F.S. saíron á pista moi enchufados e aos cinco minutos xa gañaban por 3-0 con dous goles de Paulo e outro en propia porta. O Culleredo recurtou diferencias no marcador, primeiro cun discutido penalti e logo con outro gol xogando co porteiro xogador. Antes do descanso o equipo visitante sufríu unha xusta expulsión e Diego Fente aproveitou a ocasión para marcar o 4-2 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte o equipo vilalbés baixou o ritmo e o Culleredo, xogando moitos minutos co porteiro xogador, achegouse a un gol, pero en dous erros Asier e Jose López sentenciaron o encontro.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. suma nove puntos, e colócase a tres puntos do líder, O Parrulo “B”.