O VILALBA F.S. – VIGO 2015 EN CASTRO RIBERAS DE LEA

O partido Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. – Vigo 2015 (suspendido pola condensación da pista), correspondente á xornada 17 de liga da Terceira División Nacional celebrarase o martes de entroido ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea.

O cambio de instalación ven dado por estar ocupado o Pavillón Municipal de Vilalba polo desfile do entroido. Unha vez máis o equipo vilalbés vese perxudicado ao ter que desplazarse a outra instalación deportiva fóra de Vilalba como tamén sucederá o día do FIV e como ven sendo habitual en cada tempada.

A directiva do Vilalba F.S. quere agradecer ao Concello de Castro de Rei a súa predisposición para ceder desinteresadamente o seu Pavillón Municipal de Deportes á entidade vilalbesa.