O VILALBA F.S. VISITA AO F.S.F. VILLA DE CEE

O domingo ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Cee o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao F.S.F. Villa de Cee no encontro correspondente á xornada 25 de liga da Terceira División Nacional.

O F.S.F. Villa de Cee, equipo recién ascendido, está loitando por distanciarse dos últimos postos, agora conta con catro puntos de vantaxe sobre o filial do Santiago Futsal, equipo que marca o descenso.

O equipo vilalbés, que ocupa a quinta posición na clasificación empatado a puntos co Sala Sport Culleredo, intentará, na difícil cancha de Cee, acadar unha victoria para seguir na parte alta da clasificación.

COMPARTIR