O VILALBA F.S. VISITA AO LÍDER

O domingo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Os Remedios de Ourense o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao Sala Ourense no encontro correspondente á xornada 27 de liga da Terceira División Nacional.

O Sala Ourense, que é o líder destacado da competición, está a piques de conseguir o título de campión de Liga, polo que se presenta unha saída moi complicada para o Vilalba F.S.

Todo o que sexa puntuar na pista do equipo ourensán manterá ao equipo vilalbés na cuarta posición xa que o quinto clasificado, Sport Sala Culleredo, está a tres puntos.