O VILALBA F.S. VISITA AO SEGUNDO CLASIFICADO

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. rendirá visita ao Pazos de Borbén F.S. no encontro correspondente á xornada 23 de liga da Terceira División Nacional.

O Pazos de Borbén, que foi campión a pasada temporada, ocupa a segunda plaza na clasificación a cinco puntos do líder, o Sala Ourense.

O equipo vilalbés que está situado na cuarta posición e ten tres puntos de vantaxe sobre o quinto e sexto clasificado, é consciente da dificultade do desplazamento pero tentará conseguir algo positivo na súa visita a Pazos de Borbén.

COMPARTIR