O VILALBA F.S. VOLVE A TROPEZAR

O VILALBA F.S. VOLVE A TROPEZAR

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 3-5 ante A Estrada Futsal, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 23 de liga da Terceira División Nacional.

Mala primeira parte a realizada polo equipo vilalbés, que chegou ao descanso cun resultado adverso de 0-3. Na reanudación o Vilalba F.S. mellorou e nos últimos minutos dispuxo de ocasións para poder empatar pero a mala puntería fixo que a victoria fora para A Estrada.

Con esta derrota ante un rival directo o equipo vilalbés complícase a vida e queda a 5 puntos dos postos de descenso.