O VILALBA F.S. VOLVEU DE BALEIRO DE CULLEREDO

O VILALBA F.S. VOLVEU DE BALEIRO DE CULLEREDO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu ante o Sport Sala Culleredo por 4-2 na xornada 20 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Tarrío de Culleredo na tarde do sábado.

Nova derrota a domicilio do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun partido igualado no que os erros defensivos en dous minutos ao comezo da segunda parte e tamén os erros en ataque condenaron ao equipo unha xornada máis.