O VILALBA F.S. XOGA O SÁBADO O PARTIDO ADIADO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. xogará o sábado 04/01/2020 ás 18:00 horas no Polideportivo Municipal Grupo Escolar de Padrón o partido correspondente á xornada 13 de liga da Terceira División Nacional contra o Stellae F.S. – St. Petroni.

 

Este encontro tiña que celebrarse o 22/12/2019 pero por mor do temporal que afectou á toda a Comunidade Galega foi adiado.

 

A directiva do Vilalba F.S., como tiña previsto no seu día, pon un autobús gratuito para os siareiros que queiran viaxar para animar ao equipo.