O VILALBA FÚTBOL SALA REMATA CUARTO NO TORNEO DE OUTEIRO DE REI

O Vilalba F.S. rematou cuarto no Torneo de Outeiro de Rei que lle serviu de preparación para encarar a recta final da pretemporada e chegar o mellor posible ao primeiro partido de liga que terá como rival ao I.E.S Coruxo.

A primeira semifinal que nos enfrontou ao anfitrión S.I. Outeiro de Rei foi para o equipo local por un apretado marcador de seis goles a cinco, e aínda que tivemos amplias ventaxas de tres goles durante o encontro non as soubemos administrar. O terceiro e cuarto posto foi para o Ribeira F.S. que nos gañou por catro goles a dous.

O campión do torneo foi o equipo local do S.I. Outeiro de Rei que venceu na final por cinco goles a tres ao Concello de Begonte, que previamente na semifinal derrotara ao Ribeira F.S. por dous tantos a cero.

COMPARTIR