O XUVENIL APEADO NA FASE DE GRUPOS NO III TORNEO CLECE

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., quedou apeado na fase de grupos do III Torneo de fútbol sala de base “Clece”.

 

O equipo vilalbés quedou emparellado no grupo “A” cos equipos Concello de Begonte F.S. ao que venceu (2-0), o EDO Sala Ourense co que empatou (3-3) e co anfitrión o Lugo Sala KGAL co que perdeu (2-0).

 

Malia non pasar ás semifinais o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. realizou un gran torneo que lle serviu de preparación para a competición ligueira que retomará o vindeiro domingo ante o GRI Carballiño F.S. ás 11:15 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.