O XUVENIL CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA COPA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu por 4-3 ao C.D. Beade AVI no partido celebrado na mañá do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, e clasificouse para a fase final da Copa Autonómica Xuvenil.

Gran partido o realizado polos rapaces vilalbeses que nun partido moi igualado e cun gran rival adicaron o triunfo a Iker e Antón, lesionados nas últimas xornadas.