O XUVENIL CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA COPA

O XUVENIL CLASIFICADO PARA A FASE FINAL DA COPA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu por 5-4 ao Academia Red Blue 5 Coruña – Mera F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, e clasificouse para a fase final da Copa Galega Xuvenil.

Gran partido o realizado polos rapaces vilalbeses que tiveron que remontar un resultado de 1-2 na primeira parte. Xa na segunda metade puxéronse 5-2 a favor pero acabaron sufrindo nos derradeiros segundos.

Peor sorte correron os equipos senior feminino e masculino que non estarán nas fases finais da súas respectivas Copas.

O equipo feminino, con numerosas baixas, só aguantou o primeiro tempo e caeu na saída a Pontevedra por 6-0 ante o potente Leis Pontevedra San Narciso F.S.

O equipo masculino caeu no Pavillón Municipal de Vilalba por 3-4 ante o Carballiño F.S. nun mal partido dos vilalbeses.