O XUVENIL DEBUTA CON DERROTA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu por 2-3 ante Os Meigallos F.S. no partido correspondente á primeira xornada da Liga Galega Xuvenil, celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba.

Unha mala primeira metade do equipo vilalbés condicionou un partido no que mereceron mellor sorte na segunda parte.