O XUVENIL DESPEDIUSE CON DERROTA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu co Concello de Coles por 7 goles a 5 no encontro disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Coles correspondente á derradeira xornada da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés viu como gañando 4-5 a falta de tres minutos para rematar o encontro acabou perdendo por dous goles e puxo fin a unha temporada que resultou bastante decepcionante ao que se esperaba a comezos da mesma.

CONCELLO DE COLES
Prieto, Martín, Jorge, Sergio, Jonathan – cinco inicial – Fidel, Pablo, Kevin, Janeiro, Brais e Gonzalo. 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Antón, Alex Leiras, Alberto, Xosé – cinco inicial – Tini, Hugo, Alberte, Diego, Iker e Brais.

GOLES:
1-0 Sergio. (Min. 8)
1-1 Diego. (Min. 19)
1-2 Iker. (Min. 21)
2-2 Brais. (Min. 23)
3-2 Sergio. (Min. 23)
3-3 Iker. (Min. 23)
3-4 Antón. (Min. 29)
4-4 Gonzalo. (Min. 31)
4-5 Antón. (Min. 37)
5-5 Pablo. (Min. 37)
6-5 Janeiro. (Min. 38)
7-5 Pablo. (Min. 38)