O XUVENIL GOLEADO EN VERÍN

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., volveu a caer goleado, esta vez fronte ao E.D.C. Verín, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón “ A Granxa” de Verín, correspondente á antepenúltima xornada da Liga Galega Xuvenil.

O equipo vilalbés con numerosas baixas aguantou o primeiro tempo e viu como un equipo que lle levaba soamente dous puntos acabouno goleando.

E.D.C. VERÍN
Miguel, Kevin (2), Alexander, Joel, Oscar (4) – cinco inicial – David, Pablo, Sandro, Daniel, Brais (2), Alvaro (2) e Jose Ramón (1).

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Xosé, Lage (1), Diego, Brais (1) – cinco inicial – Juan Diego, Prieto, Hugo (1) e Alberte.

COMPARTIR