O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. caeu goleado ante o Concello de Begonte no derbi comarcal correspondente á xornada 24 da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.
Novo tropezo contundente do xuvenil vilalbés ante un rival superior en todas as facetas do xogo e que chegou ao descanso cun amplio resultado de 0-4.
Na segunda parte o Begonte ampliou diferencias con outros dous goles e o equipo vilalbés soamente conseguiu o gol da honra no último minuto do partido.
CONCELLO DE BEGONTE
Borja, Jose, Yago, Daniel, Alejandro – cinco inicial – Adrián, Jesús, Pedro, Antón e Arturo.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Lage, Diego, Alex Leiras, Antón – cinco inicial – Prieto, Alberto, Brais, Hugo, Xosé, Iker e Alberte.
GOLES:
0-1 Arturo. (Min. 7)
0-2 Yago. (Min. 11)
0-3 Arturo. (Min. 16)
0-4 Alejandro. (Min. 19)
0-5 Arturo. (Min. 23)
0-6 Yago. (Min. 34)
1-6 Lage. (Min. 39)