O XUVENIL PARTICIPA NO III TORNEO “CLECE”

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., disputará esta semana o III Torneo de fútbol sala de base “Clece”.

 

O equipo vilalbés quedou emparellado no grupo “A” cos equipos Concello de Begonte F.S. (Xoves 02/01/2020 –  16:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo), EDO Sala Ourense (Venres 03/01/2020 –  14:00 horas) e co anfitrión o Lugo Sala KGAL (Venres 03/01/2020 – 22:00 horas).

 

O grupo “B” está formado polos equipos Leganés F.S., Concello de Guitiriz, O Parrulo Ferrol e Os Meigallos de Sarria.

 

Os dous mellores equipos de cada grupo xogarán as semifinais o sábado 04/01/2020 ás 13:15 e 14:15 horas e a final será ás 19:15 horas.