O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., goleou por 6-0 ao GRI Carballiño F.S. no partido correspondente á última xornada da primeira volta da Liga Galega Xuvenil, celebrado na mañá do domingo no Pavillón Municipal de Vilalba.
Partido cómodo do equipo vilalbés que se impuxo sen problemas a un equipo da zona baixa da clasificación.
Con este triunfo o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. remata a primeira volta terceiro clasificado, empatado a puntos co segundo e a un só punto do primeiro clasificado.
A vindeira xornada visitará ao cuarto clasificado Os Meigallos F.S. de Sarria o venres ás 20:00 horas.