O XUVENIL PUXO CONTRA AS CORDAS AO CAMPIÓN
O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 2-1 ante o Cementos Cosmos Parrulo F.S. no partido correspondente á xornada 25 da Liga Galega Xuvenil, celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de A Malata en Ferrol.
Gran partido o realizado polos xogadores vilalbeses que se adiantaron no marcador e viron como nos últimos segundos do partido, e despois dunhas decisións arbitrais que perxudicaron ao equipo, o equipo local remontaba.
Con este resultado o Cemento Cosmos Parrulo F.S. proclamouse campión da Liga Galega Xuvenil a falta de cinco xornadas para rematar a competición e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. baixa á terceira posición.
