O XUVENIL QUEDA SEN OPCIÓNS

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu co Hércules Sport Sala F.S. por 4-6 no partido disputado o sábado pola tarde no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á xornada 4 da fase de ascenso á División de Honra xuvenil

Derrota do equipo vilalbés que pagou caro os erros cometidos nas dúas áreas. Así pois queda sen opcións de xogar a final a falta de dúas xornadas para rematar a competición.

O vindeiro partido do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este domingo ás 19:00 horas no Pavillón Municipal José Mario González “O Chanto” de Sarria ante Os Meigallos F.S.

Ficha Técnica:

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Pelouro (1), Iker (1), Tito, Aitor – cinco inicial – Dilan, Xoel, Tinete (1), Leiras (1), Chechu, Copa, Pablo e Marcos.

HÉRCULES SPORT SALA F.S.
Cristian (1), Daniel (3), Pablo, Hugo, Sergio – cinco inicial – Xavier (2), Raúl e Rodrigo.