O XUVENIL RECIBE AO PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS

O vindeiro sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á xornada 26 da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Pizarras Los Tres Cuñados F.S. e Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, que sumou un empate a catro goles na última xornada na pista de Os Meigallos de Sarria, tentará sumar os tres puntos ante o equipo de O Barco de Valdeorras que foi goleado 13-1 na última xornada polo Prone Lugo Adarve e está situado penúltimo clasificado.

COMPARTIR