O XUVENIL RECIBE AO REDONDELA F.S.

Este domingo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á vixésima xornada da Liga Galega Xuvenil entre o Redondela F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, que ven de golear a domicilio ao colista, tratará de vencer como local a un rival que ocupa a quinta posición na clasificación e ao que xa foi capaz de empatarlle na primeira volta.

COMPARTIR