O XUVENIL REMATA A TEMPADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu ante o Transricard Distrito Ventorrillo F.S. por 2-4 no partido disputado o domingo pola mañá no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á derradeira xornada da fase de ascenso á División de Honra xuvenil

Bo partido do equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. que non puido rematar cun triunfo ante o mellor equipo da fase de ascenso. Aínda así, pechan unha tempada atípica realizando un gran traballo que os fixo acadar o primeiro posto na liguilla e poder disputar a fase de ascenso a División de Honra xuvenil.

Ficha Técnica:

TRANSRICARD VENTORRILLO F.S.
Alejandro, Pablo S. (1), Hugo (1), Pablo I., Iago – cinco inicial – Juan, Cristian, Jairo, Alvaro, Xavier, Kevin (1) e Gabriel (1).

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Pelouro (1), Iker, Tito (1), Tinete – cinco inicial – Dilan, Hugo, Leiras, Copa, Xoel, Pablito, Chechu, Marcos e Aitor.