O XUVENIL RETOMA A COMPETICIÓN

O vindeiro domingo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o partido correspondente á xornada 22 da Liga Galega Xuvenil entre o Ancora D’Ouro F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, despois de descansar a xornada pasada, tratará de acadar a terceira victoria consecutiva ante o conxunto marinense que está situado no quinto posto da clasificación.