O XUVENIL SAE GOLEADO DE MARÍN

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., sufriu unha contundente derrota ante o Aceites Abril Ancora D’Ouro por 7-3 no partido celebrado na mañá do domingo no Pavillón “A Cañota” de Marín, correspondente á xornada 18 da Liga Galega Xuvenil.

Mal partido do equipo adestrado por Jose López que suma a terceira xornada consecutiva sen gañar e baixa ata a sexta posición na clasificación.