O XUVENIL SEGUE EN BOA LÍNEA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu 6-3 ao Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S. no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á sétima xornada da Liga Galega Xuvenil.

Partido disputado no que o equipo vilalbés tivo que empregarse a fondo ante un rival bastante mellor que o que indica a clasificación.

A vantaxe final puido ser maior pero os xogadores vilalbeses erraron moitas e moi claras ocasións.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., sitúase terceiro clasificado e visitará ao Ribeira F.S. o vindeiro xoves ás 20:20 horas no Pavillón de “O Palomar”.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., sitúase terceiro clasificado e visitará ao Ribeira F.S. o vindeiro xoves ás 20:20 horas no Pavillón de “O Palomar”.