O XUVENIL SUBCAMPIÓN DA COPA

O XUVENIL SUBCAMPIÓN DA COPA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., acadou o subcampionato de Copa celebrada o sábado no Pavillón A Marisma de Redondela.

O equipo vilalbés estivo a piques de acadar o título xa que a falta de catro minutos para rematar a final gañaba por 2-4 e acabou perdendo por 6-4 ante O Meigallos F.S. de Sarria.

O Vilalba F.S. acusou o gran esforzó realizado nas semifinais no que derrotou por 5-4 ao favorito, o campión de Liga, O Parrulo. O equipo sarriano desfíxose nos penalties do anfitrión Redondela F.S. na outra semifinal despois de empatar a tres goles.

Con este subcampionato o equipo vilalbés pecha unha excelente tempada na que tamén acadou a terceira plaza no campionato de Liga Xuvenil Galega.

Parabéns!!!