O XUVENIL VIAXA A SARRIA

O vindeiro sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal José Mario González (O Chanto) de Sarria terá lugar o partido correspondente á xornada 25 da Liga Galega Xuvenil entre os equipos de Os Meigallos F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés, intentará olvidar os malos resultados das últimas xornadas e conseguir algo positivo no desplazamento a Sarria para achegarse aos postos da metade da clasificación, situación que ocupa o seu rival.