O XUVENIL VISITA AO LÍDER

O vindeiro sábado ás 18:45 horas no Pavillón Municipal de “O Palomar” terá lugar o partido correspondente á xornada 27 da Liga Galega Xuvenil entre os equipos Prone Lugo Adarve e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

 

O equipo vilalbés, que conseguiu unha goleada a domicilio a pasada xornada ante o Pizarras Los Tres Cuñados, tratará de plantar cara ao líder da competición o Prone Lugo Adarve que soamente cedeu un empate e unha derrota no que vai de competición polo que se fai tarefa complicada a de puntuar nesta saída.

COMPARTIR