O XUVENIL VOLVEU A GAÑAR

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao Concello de Coles por 4 goles a 2 no encontro disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba correspondente á decimoquinta xornada da Liga Galega Xuvenil.

Nun bo partido, os rapaces vilalbeses refrendaron o boa actitude da xornada pasada e acadaron unha victoria para pechar a primeira volta da competición despois de tres derrotas consecutivas.

CONCELLO DE COLES
Brais, Martín, Pablo, Kevin, Janeiro – cinco inicial – Jonathan, Sergio, Jorge, David e Gonzalo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Antón, Alex Leiras, Diego, Brais – cinco inicial – Prieto, Lage, Alberto, Alberte, Xosé, Martín e Rubén.

GOLES:
1-0 Lage. (Min. 5)
2-0 Xosé. (Min. 12)
2-1 David. (Min. 17)
3-1 Antón. (Min. 19)
3-2 Janeiro. (Min. 26)
4-2 Antón. (Min. 33)

COMPARTIR