OITAVOS DE FINAL DA XXVIII COPA GALICIA

O venres 28 de decembro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba, disputaranse os oitavos de final da XXVIII Copa Galicia de Fútbol Sala entre os equipos O Parrulo F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que na fase previa eliminou ao C.D. Rececende de A Pontenova tratará de realizar un digno papel ante un rival que é o único representante galego na Primeira División de fútbol sala.

Será unha boa oportunidade que todos os xogadores do plantel do Vilalba F.S. dispoñan de minutos e que disfruten dun encontro ante xogadores de máximo nivel.

Tamén será unha gran oportunidade para os siareiros vilalbeses de ver de novo ao seu equipo competir contra un equipo de superior categoría como o fixera na edición pasada ante o Portus Apostoli F.S. tamén nos oitavos de final.