OITAVOS DE FINAL DA XXX COPA GALICIA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – C.D. LUGO SALA

O vindeiro mércores 8 de decembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao C.D. Lugo Sala nos oitavos de final da XXX Copa Galicia de Fútbol Sala.

Agárdase un partido intenso e emocionante xa que ata o momento están demostrando ser os dos dous mellores equipos da Terceira División Nacional. O equipo da capital lucense parte como favorito xa que gañou todos os partidos da tempada pero o factor cancha dos vilalbeses equilibra a eliminatoria.

O equipo vilalbés chega a esta eliminatoria despois de eliminar ao Praias de Barreiros C.D. por 2-4 e a O Esteo F.S. por 4-3. Pola contra o C.D. Lugo Sala eliminou ao Concello de Begonte F.S. por 1-3 e á S.D. Xove por 5-3.

Desde a directiva do Vilalba F.S. lembran aos socios que será obrigatorio presentar o carnet para acceder á instalación como para todos os encontros dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.