OITAVOS DE FINAL DA XXVII COPA GALICIA

O martes 31 de outubro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba, disputaranse os oitavos de final da XXVII Copa Galicia de Fútbol Sala entre os equipos Noia Portus Apostoli F.S. e o Vilalba F.S.

O equipo vilalbés que na fase previa eliminou ao C.D. Rececende de A Pontenova tratará de realizar un bo partido e agradar á afeción ante un gran rival que acaba de ascender á Segunda División Nacional.

Será unha boa oportunidade que todos os xogadores do plantel do Vilalba F.S. dispoñan de minutos e que disfruten dun encontro onde o seu equipo non ten nada que perder ante un Noia F.S. de categoría superior.

 

 

COMPARTIR