OS IRMÁNS “SOUSA FONSECA” CONTINUARÁN NO VILALBA F.S.

Paulo Jorge e Nuno Miguel Sousa Fonseca, continuarán un ano máis no VILALBA F.S. de Terceira División Nacional. “Paulo”, o maior dos irmáns, segue unha temporada máis converténdose nun xogador dos máis veteranos do equipo a pesar da súa xuventude.

“Nuninho”, que cumplirá a súa segunda temporada como xogador da primeira plantilla, intentará estar ao gran nivel acadado a pasada temporada. A directiva do VILALBA F.S. continúa coas renovacións de boa parte da plantilla e na búsqueda de novas incorporacións.