OS PENALTIES AFASTAN AO VILALBA F.S. DA FINAL

Os penalties afastaron ao equipo masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., da final da primeira edición da Copa Deputación de Lugo que se celebrou onte no Pazo dos Deportes da capital lucense.

O equipo vilalbés empezou o partido moi ben cun gran xogo e moitas ocasións. Froito dese dominio chegaron os dous primeiros goles un obra de Fran Pastor e outro de Nuno que marcou un golazo de xogada personal. Nesta primera parte o Vilalba F.S. gozou de numerosas ocasións para golear ao rival pero non as aproveitou e viu como o Santa Isabel meteuse no partido cun dobre penalti antes de chegar ao descanso.

A segunda parte foi máis igualada. Aínda así nunha espectacular xogada entre Jose López e Asier este último fixo o 3-1 no marcador. Mediada a segunda parte o Santa Isabel meteuse de novo no partido ao marcar nun rebote.

Nos últimos minutos o equipo de Outeiro de Rei sacou o porteiro xogador sin crear excesivo perigo pero de novo tras aproveitar outro rebote empatou o partido a falta de 12 segundos.

Xa nos penalties o Santa Isabel estivo máis atinado e logrou o pase á final que por xogo e ocasións mereceu o Vilalba F.S.

Na final o Xove F.S. venceu claramente ao Santa Isabel por 7-2 acadando así o título da I Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala.