OUTRA VICTORIA A DOMICILIO

OUTRA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 1-4 ao Fútbol Sala Cidade de Pontevedra no encontro correspondente á xornada 27 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra na mañá do domingo.

A pesar de empezar por detrás no marcador o equipo vilalbés logrou empatar antes do descanso e no último cuarto de partido sentenciou con tres goles.

Con esta merecida victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa sexto na clasificación.