OUTRA VICTORIA ANTES DO PARÓN

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun bo partido venceu por 4-1 ao Begonte F.S. no encontro correspondente á decimocuarta xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba, na matinal do domingo.

As rapazas do Vilalba F.S. realizaron un meritorio partido e malia que soamente tiñan dous cambios impuxeron a súa calidade e tiveron moitas máis ocasións que o Begonte F.S. acadando unha amplia vantaxe de catro goles a falta de oito minutos.

Nos últimos minutos o equipo begontino xogou coa porteira xogadora e conseguiu marcar un gol, e aínda que o equipo vilalbés tivo varias ocasións sen porteira o marcador xa non se moveu máis.

A vindeira xornada o equipo vilalbés descansará para posteriormente afrontar as tres últimas xornadas nas que se decidirá o campionato.

BEGONTE F.S.
Alicia, Noemí, Ana María, Ruth, Uxía – cinco inicial – Andrea, Noa, Alba, Eva, María e Noelia.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Sabela, Akira, Aisha, Cayu – cinco inicial –  Cristina e Carmela.

GOLES:
1-0  Cristina. (Min. 9)
2-0  Carmela. (Min. 18)
3-0  Cristina. (Min. 26)
4-0  Aisha. (Min. 32)
4-1  Noa. (Min. 38)