O Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará este sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal “Ventanielles” de Oviedo o partido de volta da final polo ascenso á 2ª División “B” contra o Arenas de Manzaneda C.D.
O equipo vilalbés que ten todo o plantel ao completo non estará só xa que irá acompañado de siareiros vilalbeses que se desprazarán a terras asturianas a apoiar unha vez máis ao equipo verde.
Malia o bo resultado colleitado no partido de ida (7-1) o equipo de Quini quere acadar outra victoria e con elo rematar brillántemente unha tempada histórica cun ascenso á 2ª División “B”.
#vilalbaquerefutsal