PARTIDO DE PRESENTACIÓN

O equipo masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., disputou o pasado día 30 de agosto o partido de presentación ante os seus siareiros contra o Cidade de Narón F.S.

O resultado do encontro foi de 1-3 para o equipo naronés de categoría superior, que demostrou estar máis rodado que o equipo local. O partido serviu de preparación para as eliminatorias da I Copa Deputación de Lugo.

O partido tamén serviu de presentación da segunda equipación para esta tempada.