PARTIDOS ADIADOS

Os partidos que se tiñan que celebrar esta fin de semana dos equipos senior do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. foron adiados polo mal estado da pista das instalacións onde se tiñan que celebrar.

Así o equipo feminino xa non viaxou a terras pontevedresas ao estar a pista do Pavillón Montecarrasco – Marcón impracticable.

O equipo masculino sí comezou o encontro no Pavillón Municipal de Vilalba pero aos 10 minutos do primeiro tempo, co resultado a favor de 1-0, os colexiados unha vez consultado aos corpos técnicos decidiron suspender o partido debido á condensación que había na pista e polo tanto o risco de lesión dos participantes.

Os equipos teranse que poñer de mutuo acordo para xogar todo o partido no caso do feminino e do que resta para finalizar no caso do masculino.